Selecciona o teu idioma

Equipos informáticos e servizo técnico en Vigo

Equipos informáticos e servizo técnico en Vigo

Somos a túa tenda de informática de confianza

Somos a túa tenda de informática de confianza

Grazas aos moitos anos de experiencia no sector da informática, dende Oficies podemos ofrecer aos nosos clientes un servizo integral. Os nosos informáticos asesorarante dunha maneira totalmente personalizada, para que atopes os equipos que mellor se adaptan ás túas necesidades ou ás da túa empresa.

Como informáticos en Vigo, sabemos que, ademais de dedicarnos á venda de todo tipo de equipos informáticos, é fundamental ofrecer aos clientes un bo servizo posvenda e un servizo técnico de calidade. Traballamos co único obxectivo de garantir a satisfacción de todos e cada un dos clientes que depositan día a día a súa confianza en nós.

Servizo técnico informático para empresas e particulares

Contamos con informáticos que dispoñen de ampla experiencia no sector, o que lles permite facer fronte a calquera avaría que podan presentar os teus equipos informáticos. Deste xeito, ofrecemos un servizo técnico en local para ordenadores, portátiles, smartphones, tablets e impresoras, entre outros.

Dentro do noso servizo de mantemento informático inclúese a prevención e revisión de equipos, pois brindamos unha asistencia técnica integral para empresas e particulares. Se o solicitas, podemos combinar a asistencia técnica no noso local coa visita a empresas ou traballos a través de control remoto.

En Oficies traballamos para reparar as avarías de todo tipo de equipos informáticos, sen importar a marca ou o modelo. Chama aos nosos profesionais, ofrecerémosche unha solución a medida, rápida e de calidade.

Servizo técnico informático para empresas e particulares
Venda de compoñentes e produtos informáticos en Vigo

Venda de compoñentes e produtos informáticos en Vigo

Somos colaboradores de PC BOX, polo que, na nosa tenda de informática en Vigo atoparás todos os equipos que imaxinas ao mellor prezo. Ademais, contamos cun catálogo multimarca, garantindo que o produto que estás a buscar atópase en Oficies.

  • PCs e portátiles
  • Compoñentes informáticos
  • Periféricos
  • Smartphones
  • Discos externos e memorias
  • Tintas e consumibles
  • Cables e adaptadores
  • Televisións
  • Destrutoras de documentos
  • TPVs e caixas rexistradoras
  • Mobiliario de oficinas

Máis servizos dos nosos informáticos

Instalación de redes locais

Deseño web, rexistro de dominios e contas de correo electrónico

Contratos de mantemento de fotocopiadoras e equipos informáticos

Repartición a domicilio de papelería e consumibles

Solicita orzamento a Oficies

Se queres máis información sobre algún dos servizos que ofrecemos aos nosos clientes, ou queres solicitar un orzamento a medida para a reparación de ordenadores en Vigo ou o mantemento de equipos informáticos, non dubides en poñerte en contacto con Oficies en Vigo.